Volver a la lista

SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE INVESTIMENTO EN ACTIVIDADES EMPRESARIAIS PARA A DIVERSIFICACIÓN AGRARIA

Emprego

26-Enero-2026 12:39


AGADER abreu o prazo para a solicitude de subvencións para Proxectos de investimento en actividades empresariais para a diversificación agraria.

Persoas beneficiarias:

1.        As pequenas empresas situadas en zonas rurais e cosntituídas con anterioridade ao 1 de setembro de 2025.

2.        Persoas físicas que residan nunha zona rural.

3.        Titular dunha explotación agraria, ou membro da súa unidade familiar.

Proxectos Subvencionables:

Os proxectos deben ter un orzamento elixible superior a 20.000 € e inferior a 300.000 €. 

a) Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.

b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios.

c) Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos de maquinaria agrícola e forestal e das empresas de servizos enerxéticos.

d) Prestación de servizos sociais (garderías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade,...).

e) Actividades de ocio, recreativas e deportivas.

f)  Artesanía e actividades artesanais.

g) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.

h)  Comercio polo miúdo.

Requisitos:

-       Non estar iniciados na data de presentación da solicitude.

-       Desenvolverse en Galicia exceptuando as zonas densamente poboadas

-       Ser finalistas, viables e axustarse á normativa sectorial e ás bases.

-       As persoas solicitantes poderán presentar como máximo un proxecto ao abeiro desta convocatoria.

Gastos subvencionables:

-       Compra de bens de equipamento novos afectos á actividade empresarial e que sexan necesarios para o desenvolvemento da actividade produtiva da empresa.

Non serán subvencionables: material funxible en xeral, envases e embalaxes, maquinaria agrícola e/ou forestal, reposición ou sustitución de bens de equipos existentes; equipos de calefacción, climatización ee ventilación, traídas e acometidas de servizos; adquisición de bens de equipamento e materiais de segunda mano u destinados ao alugamento; equipamentos informáticos de ofcina e licenzas informáticas; deseño e/ou actualización de páxinas web; compra de vehículos de transporte exterior, de vehículos especiais agrícolas e de obras; mobiliario de oficina; investimentos non relacionados directamente coa actividade; gastos de alugamento nin de leasing; man de obra propia nin materiais propios; adquisición de terreos; taxas por licenzas administrativas; IVE; gastos financieiros; xuros debedores; conceptos non desagragados, os investimentos realizados con carácter previo a presentación da solicitude da axuda

Importe da Axuda: 50 % dos gastos subvencionables.

Para calquera dúbida as persoas promotoras poden poñerse en contacto con Agader a través do enderezo electrónico: infoagader@xunta.gal ou nos teléfonos:  981 547 369 - 981 540 140 – 881 997 263

Prazo de presentación de solicitudes:

Ata o 19 de febreiro de 2026

Máis información: Resolución do 30 de decembro de 2025 de AGADER (DOG nº 11 de 19/01/2026) 

Adjuntos: