Volver a la lista

Brión, unha historia que contar: O sentir universal en Rosalía

Cultura e deportes

29-Enero-2026 12:15

Imagen de evento

Regresa o ciclo de actividades de divulgación cultural "Brión, unha historia que contar" cun novo serán dedicado a Rosalía de Castro. Baixo a denominación de "O sentir universal en Rosalía", poderás gozar dunha experiencia artística na que participan a actriz Chiruca Tarrío (como Rosalía), o músico e escritor Francisco Castro e o grupo Teatro das Maniotas do IES de Brión.

DATA: venres 20 de febreiro
HORA: 20:30 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Social Polivalente de Brión

Entrada de balde ata completar a capacidade da sala.
Unha actividade organizada polo Concello de Brión e Latexos de Turismo no mes que celebramos o 23 de febreiro, Día de Rosalía