11-Febrero-2026 08:58
Informase que a Deputación Provincial de Ourense vén de aprobar as bases da convocatoria pública de subvencións dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para a organización de actividades culturais e recreativas durante o ano 2026.
🔹 Obxecto:
Financiamento de proxectos culturais e/ou recreativos promovidos por entidades sen ánimo de lucro da provincia de Ourense que se desenvolvan ao longo do ano 2026.
🔹 Actividades subvencionables:
– Posta en valor do patrimonio cultural material e inmaterial.
– Fomento das manifestacións culturais.
– Edición e publicación de libros ou obras audiovisuais.
– Actividades recreativas públicas e gratuítas.
Non se subvencionan, entre outras, actuacións musicais (Plan Tarazana), excursións, proxectos inferiores a 1.500 € ou actividades de ANPA.
🔹 Contía:
– Orzamento total: 100.000 €
– Ata o 50 % do custo do proxecto
– Máximo 10.000 € por entidade
– Ata 2 proxectos por entidade (unha actividade por solicitude)
🔹 Prazo de presentación:
Ata o 20 de marzo de 2026 (improrrogable).
🔹 Presentación:
Exclusivamente a través da sede electrónica da Deputación:
https://sede.depourense.es/
A concesión realizarase en réxime de concorrencia competitiva, valorándose especialmente o interese social e cultural do proxecto e o nivel de autofinanciamento.
Para máis información, pódense consultar as bases completas publicadas no BOP da provincia de Ourense.
https://bop.depourense.es/portal/anuncio/349658