19-Febrero-2026 11:51
RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2026 pola que se convocan seis edicións do curso formación específica de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais destinado ás persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional de socorrismo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Convócanse varios cursos, entre eles o seguinte:
Curso de formación específica de socorrismo e salvamento en instalacións e espazos acuáticos naturais.
Lugar de realización: Cervo (Lugo).
Datas de realización: 4, 5, 11, 12, 18, 19, 25, 26 de abril, 2, 3, 9, 10, 16, 17, 23, 24, 30 de maio.
Requisitos xerais:
- Persoas maiores de idade en posesión do título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria.
- Non atoparse inscrito de forma definitiva na sección ou seccións correspondentes do Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.
Requisitos específicos:
- Superar a proba específica "combinada con aletas" que constitúe o primeiro módulo formativo dos cursos convocados.
Pazo de inscrición: Comeza mañá día 20 de febreiro e remata o 2 de marzo de 2026. A asignación das prazas ten en conta a orde de presentación das solicitudes.
Máis información:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260219/AnuncioO3C2-090226-0001_gl.pdf