Volver a la lista

CURSOS DE SOCORRISMO ACUÁTICO

Formación

19-Febrero-2026 12:51

Imagen de evento

No Diario Oficial de Galicia (DOG)  de hoxe, 19 de febreiro de 2026, sae publicada a RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2026 pola que se convocan seis edicións do curso formación específica de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais destinado ás persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional de socorrismo na Comunidade Autónoma de Galicia
Destinatarios/as
Persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional de socorrismo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos xerais:
a) Persoas maiores de idade en posesión do título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria.
b) Non estar inscrito/a de forma definitiva na sección ou seccións correspondentes do Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.
Proba específica:
Superar a proba específica «combinada con aletas», que constitúe o primeiro módulo formativo dos cursos convocados e que se regula na base novena desta convocatoria.
 Solicitudes
a) O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (http://agasp.xunta.gal); non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, poderanse dirixir á Agasp a través dos números de teléfono 886206137, 886206138 e 886206111 ou do enderezo de correo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.
Prazo de inscrición
O prazo de inscrición será ata o 2 de marzo de 2026 a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Criterios xerais de selección
Reservarase un trinta por cento das prazas a voluntarios/as activos/as nunha agrupación ou asociación de voluntarios de protección civil que teñan superado o curso básico de protección civil.

Achégase enlace da publicación da resolución 
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260219/AnuncioO3C2-090226-0001_gl.html