Volver a la lista

OFERTA EMPREGO CONCELLO DE OUROL 4 PEONS FORESTAIS. PROGRAMA REFORZO DO EMPREGO 2025

Emprego

20-Febrero-2026 09:51


Están aprobadas e expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición de catro peons forestais a xornada parcial (75 %) no Concello de Ourol ao abeiro do Programa de Reforzo do Emprego, incluído no Plan Deputación de Cooperación dos Concellos 2025 da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Tipo de contrato e duración: Contrato de traballo temporal por circunstancias da producción a xornada parcial (75 %) cunha duración de 5 meses.

O prazo de presentación de instancias  estará aberto desde o 9 ao 13 de marzo de 2026 (ambos inclusive)

Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.

As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es  así como na páxina web da Deputación Provincial de Lugo.