24-Febrero-2026 09:07
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) abriu o prazo da convocatoria para o 2026 das Axudas para a execución de operacións en apoio de terceiras persoas que se tramiten ao abeiro da intervención Leader.
TIPOLOXÍA DAS OPERACIÓNS SUBVENCIONABLES:
- Proxectos produtivos: (Contía da axuda: 15% - 50%) Proxectos que suponen a realizacións dunha actividade económica, tendentes á producción de bens ou servizos e que suponen unha creación e/ou mantemneto de emprego.
- Proxectos non produtivos: (Contía da axuda: 30% - 90%) Proxectos promovidos por entidades sen ánimo de lucro, entidades públicas locais, comunidades de montes veciñais en man común ou as súas mancomunidades, que non supoñan o inicio ou o desenvolvemento duna actividade económica.
A contía máxima será de 200.000 € por proxecto.
PERSOAS BENEFICIARIAS: Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades públicas de carácter local ou comarcal, en concreto: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades depedentes das anteriores; as persoas físicas ou xurídicas de carácter privado, incluíndo nesta categoría as comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.
REQUISITOS DAS OPERACIÓNS SUBVENCIONABLES:
- Estar localizados no ámbito territorial elixible de aplicación da estratexia de desevolvemento local do GDR.
- Ser viables técnica, económica e financieramente, para os produtos de natureza produtiva, e técnica e financieramente para os non produtivos.
- Axustarse a normativa sectorial (comunitaria, estatal, autonómica e local) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.
- Non estar iniciados na data de presentación da solicitude de axuda e ser finalistas
GASTOS SUBVENCIONABLES:
1.- A construcción, adquisición e mellora de inmobles, utilizados en relación cos obxectivos do proxecto, cando se aporte unha taxación independente que acredite que o prezo de axusta ao valor do mercado, que non recibirán axudas públicas nos últimos 10 anos e se garantice o seu uso durante alomenos 5 anos.
2.- A adquisición de terreos, ata o límite do 10 % do total dos gastos subvencionables, cando o seu prezo esté xustificado mediante taxación independente e esté directamente relacionado cos fins do proxecto.
3.- A adqusición de maquinaria e equipamentos novos. Poderán ser subvencionables os gastos en arrendamentos financeiros con opción de compra de activos subvencionables, incluído o valor da opción de compra, excepto a marxe do arrendador, custos de refinanciamento dos xuros, gastos xerais ou seguros, polo período de vida útil do activo e sen superar o custo de mercado ou a aprte proporcional se o contrato finaliza antes.
4.- Investimentos intanxibles como a adquisición e o desenvolvemento de programas informáticos, así como a creación de páxinas web, estudos, publicacións e investimentos necesarios para dixitalización do proceso produtivo ou a xestión da actividade económica.
5.- Custos xerais vinculados aos gastos de investimento, tales como honorarios de arquitectos, enxeñeiros e asesores, honorarios relativos ao asesoramento sobre a sustentabilidade económica e ambiental, incluídos os estudos de viabilidade.
6.- Gastos notariais e rexistrais derivados do inicio da actividade prevista no proxecto, así como os gastos de expedición de permisos e licenzas, a adquisición de patentes e licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas.
7.- Medios e equipamentos de transporte, segundo a natureza do proxecto, en proxectos de natureza produtiva, poderán subvencionarse a adquisición de vehículos destinados exclusivamente a actividades empresariais ou profesionais en iniciativas que supoñan o inicio dunha actividade económica, así como os gastos de adecuación de vehículos para o transporte de mercadorías ou prestación de servizos, sempre que dita adecuación non sexa legalmente obrigatoria unha vez iniciada a actividade.
En ningún caso se subvencionará a adquisición e/ou adecuación de vehículos no sector do transporte
PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: Ata o 6 de abril de 2026
INFORMACIÓN:
Resolución do 30 de decembro de 2025 de AGADER, DOG nº 21, de luns 2 de febreiro de 2026