26-Febrero-2026 12:10
Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante oposición de un/unha auxiliar de axuda a domicilio (50 %)
Tipo de contrato e duración: Contrato de traballo temporal por substitución de persoa traballadora a xornada parcial (50 %) e a súa duración será polo tempo que dure a baixa da persoa traballadora titular da praza.
O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 2 ao 6 de marzo de 2026 (ambos inclusive)
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.
As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es