05-Marzo-2026 10:11
A Xunta de Galicia a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia adscrito á Consellería de Emprego, Comercio e Emigración con motivo do día internacional das persoas consumidoras, que se celebra o 15 de marzo, convídavos a participar nunha charla on line.
A charla participativa sobre os Os nosos dereitos como persoas consumidoras, terá lugar o VENRES día 13 de MARZO ás 12:30 horas a través da nosa Aula Virtual.
De querer participar, comunícao ao enderezo electrónico igc.escuela@xunta.es , posto a súa disposición, ademais do teléfono 881999091.
Así mesmo, toda aquela persoa ou entidade que desexe participar, unicamente ten que acceder o vindeiro venres 13 DE MARZO ás 12.30 á nosa web.
Para participar:
1º.- Entra na web do IGCC: https://consumo.xunta.gal/gl
2º.- Pincha na foto que ves na páxina principal á dereita que pon AULA VIRTUAL
3º.- Verás que estás na AULA VIRTUAL DE CONSUMO, preme na ligazón que pon "VENRES DE CONSUMO RESPONDE".
4º.- Preme na ligazón que pon "Videoconferencia".
5º.-OLLO! Se non ten Webex instalado, preme en "Únase desde el navegador"
6º.- UNIRSE Á REUNIÓN
Escola Galega do Consumo Rúa Torrente Ballester 1-5 baixo.
15707 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 999 093- 881 999 091