13-Marzo-2026 09:52
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude acaba de abrir a convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4 no ano 2026.
PERSOAS DESTINATARIAS:
Persoas maiores de 16 anos ou que os fagan no ano natural de convocatoria, nacionais ou estranxeiras.
DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS:
As probas dos distintos niveis Celga terán lugar entre a segunda quincena de maio e a primeira de xuño de 2026, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).
As probas realizaranse en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid.
LOCALIDADES:
Santiago de Compostela (Celga 1, Celga 2, Celga 3, Celga 4)
Ponferrada (Celga 2, Celga 3, Celga 4)
Madrid (Celga 2, Celga 3, Celga 4)
As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 8 de abril de 2026.
As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente.
INFORMACIÓN:
- Resolución do 6 de marzo de 2026 da Secretaría Xeral da Lingua (DOG nº 49 de 13 de marzo de 2026).