Volver a la lista

AXUDAS PARA EXPLOTACIÓNS GANDEIRAS DE GANDO VACÚN CONCELLO DE OUROL

Info General

01-Abril-2026 13:08


Están expostas as Bases Reguladoras das Axudas en réxime de concorrencia non competitiva a Explotacións Gandeiras para o exercicio 2026 no Concello de Ourol.

As axudas reguladas na presente convocatoria teñen por obxecto compensar aos titulares de explotacións gandeiras de gando vacún sitas no Concello de Ourol por perdas derivadas da morte de reses correspondentes ao exercicio 2026.

Poderán ser beneficiarios das axudas as persoas físicas ou xurídicas que consten como titulares da explotación gandeira e estean censados todos os seus membros (no caso de persoas xurídicas) no Concello de Ourol e que a explotación se atope dentro do termo municipal (CEA 27038)

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 1 de maio de 2026 ata o 31 de decembro de 2026. (ambos inclusive)

As bases reguladoras están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es 

Adjuntos: