06-Abril-2026 13:27
A empresa SILMAN 97, SLU está a levar adiante un proxecto para a SECRETARIA XERAL DA EMIGRACIÓN, para o desenvolvemento do programa “OFICINA MÓBIL DE ATENCIÓN ÁS PERSOAS EMIGRANTES RETORNADAS”, co obxectivo de promover a inclusión e integración da poboación emigrante retornada e os seus familiares en todo o territorio galego, mediante unha unidade móbil que percorrerá as zonas rurais e todas aquelas poboacións que non dispoñen de oficina física.
Os servizos que se prestan a través deste programa consisten na información e asesoramento ás persoas destinatarias dos principais trámites administrativos anteriores e posteriores ao retorno, asistencia sanitaria, orientación laboral, formación, prestacións, subvencións e axudas, e todos aqueles outros nos que o poidan necesitar.
A OFICINA MÓBIL ESTARÁ UBICADA:
DÍA: 21 de abril
HORARIO: de 9,00 - 14,00 h.
LUGAR: Praza do Concello