20-Abril-2026 11:54
Está previsto por en funcionamento próximamente un Obradoiro de Emprego conxunto para os concellos de Ourol, Muras e O Vicedo denominado “Terras do Sor VIII”.
Os participantes deste obradoiro recibirán formación que poderán acreditar cun certificado de profesionalidade nas especialidades que se impartan, ao tempo que terán acceso a un contrato de traballo durante a súa participación na actividade.
A duración do obradoiro é de 9 meses e o número de alumnos/as participantes é de 20, distribuídos nas seguintes especialidades:
- Traballos de carpintaría e moble e Aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintaria e moble (MAMD0109/MAMD0209): 10 alumnos/as traballadores/as
- Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes (AGAR0309): 10 alumnos/as traballadores/as
Ao Concello de Ourol correspondenlle 4 alumnos/as traballadores/as na seguinte especialidade:
- Traballos de carpintería e moble e Aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintaría e moble: 4 alumnos/as.
Para participar neste obradoiro as persoas interesadas terán que estar inscritas na Oficina de Emprego de Viveiro como persoas desempregadas e carecer de ocupación nese momento, ademáis doutros requisitos que se establecerán nas bases da convocatoria respectivas.
Está previsto ademáis a contratación de persoal directivo e docente de apoio consistente nun director/a, dous monitores/as e un administrativo/a.
As persoas interesadas deberán pasar canto antes pola Oficina de Emprego de Viveiro para inscribirse específicamente para Obradoiros de Emprego e na especialidade en concreto.