27-Abril-2026 15:01
Están expostas as bases de selección do director/a, persoal docente, administrador/a e alumnos/as traballadores do obradoiro dual de emprego Terras do Sor VIII que comezará a funcionar nos próximos días e que agrupa os concellos de Muras, Ourol e O Vicedo.
Os postos convocados son:
- 1 director do obradoiro
- 1 monitor/a de carpintaría de madeira
- 1 monitor/a de actividades auxiliares en conservación e mellora do monte
- 1 administrador/a a media xornada
- 4 alumnos/as traballadores para o Concello de Ourol (especialidade Traballos de carpintería e moble e Aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintaría e moble)
Selección: A selección de todos estos postos será os seguintes días no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade de O Vicedo e co seguinte horario :
- Alumnos traballadores da especialidade Traballos de carpintería e moble e Aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintaría e moble: 11 de maio ás 10:00
- Director: 13 de maio ás 9:30 horas
- Administrador/a: 13 de maio ás 10:30 horas
- Monitor/a de actividades auxiliares en conservación e mellora do monte: 13 de maio ás 11:30 horas
- Monitor/a de carpintaría de madeira: 13 de maio ás 12:30 horas
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.
As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es