29-Abril-2026 13:24
Achegamos información relativa ao curso de Montaxe e Mantemento de Instalacións Caloríficas (de nivel 2) que se impartirá no Centro de Formación Profesional Ocupacional de Viveiro. A formación comeza o próximo 12 de maio de 2026. A data da entrevista será o 7 de maio de 2026, pero se xorden candidatos despois da data da entrevista existe certo marxe para que se poidan incorporar ao curso se houbese prazas dispoñibles. Pódense postular persoas ocupadas. Información: Oficina de Emprego de Viveiro Tlfno. 982.828.714