Volver a la lista

VACACIÓNS EN FAMILIA: ESTADÍAS NAS RESIDENCIAS DE TEMPO LIBRE DE PANXÓN E DO CARBALLIÑO

Servicios Sociales

08-Mayo-2026 13:57

Dende o concello de Ourol infórmase que saiu publicada  a convocatoria de Adxudicación de Prazas en Residencias de Tempo Libre de Panxón e do Carballiño para Vacacións en Familia (DOG nº 83 do 6/5/2026).
PERSOAS DESTINATARIAS: Todas as persoas integrantes dunha unidade familiar con residencia en terrritorio español (con preferencia na adxudicación aquelas familias de especial consideración - numerosas, monoparentais, acolledoras e vítimas de violencia de xénero- e seguidamente as restantes familias con residencia en Galicia).
SERVIZOS QUE SE OFRECEN: Aloxamento e mantemento en réxime de pensión completa.
QUENDAS: As que aparecen no Anexo III da convocatoria (que se xunta con esta información). Estadías de 6 ou 7 noites dependendo da data e lugar elixidos. 
PREZOS: Oscilarán entre os 23,81€ e 37,26€ por persoa e día, dependendo das datas elixidas. 
PRAZO DE PRESENTACIÓN: Desde o 7 de maio ata o 20 de maio de 2026, ambos incluídos.
Para formalización de solicitudes e/ou máis información poden contactar co Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (teléfonos: 982559109/677489457

Adjuntos: