Volver a la lista

REFORMA DE VIVENDAS PARA MAIORES DE 65 ANOS

Información Xeral

15-Mayo-2026 11:29


Que a Deputación Provincial de Ourense, publica no BOP núm 86 de 11 de maio de 2026, as bases reguladoras da convocatoria do concurso público para a concesión de subvencións para obras de reforma de vivendas e adquisición de equipamento técnico dirixido a persoas maiores de 65 anos correspondentes ao ano 2026.

 

REQUISITOS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS:

 

-       A persoa solicitante será maior de 65 anos o cumprirse no 2026.

-       Estará empadroada nalgún municipio da provincia de Ourense de menos de 20.000 habitantes.

-       Estará a gozar, en réxime de propiedade, usufruto ou arrendamento, da vivenda que precisa o servizo de adaptabilidade.

-       A renda anual será inferior ou igual a tres veces o IPREM.

 

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:

 

-       Reforma de vivendas: adaptación de baños, melloras de accesibilidade e habitabilidade.

-       Adquisición de equipamento técnico, relacionado coa autonomía da persoa solicitante: cama articulada, guindastre, cadeiras, etc

 

CONTÍA: A contía máxima da axuda para a adquisición será de 2.500€ por solicitante.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As persoas interesadas en presentar a súa solicitude poderán informarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello.

 

A presentación das solicitudes faranse a través  da web da Deputación de Ourense: http:/www.depourense.gal. O prazo será dun mes e abrirase o 18 de maio as 10:00 horas ata o 18 de xuño de 2026.

 

Adjuntos: