19-Mayo-2026 09:08
O pasado 8 de maio de 2026 sairon publicadas no BOE as AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 2026/2027 (BOE NUM 112)
OBXECTO:
Convocar, para o ano 2026-2027 as seguintes axudas individualizadas para alumnos con necesidades educativas especiais:
- Axudas directas para o alumnado que requira determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais . Tamén poderán ser beneficiarios de axudas directas os alumnos afectados por TEA (Trastorno do espectro autista)
- Subsidios por necesidades educativas especiais
- Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para o alumnado con necesidade específica de apoio asociado a altas capacidades intelectuais.
- Subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral
PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 19 de maio ó 10 de setembro de 2026 no Centro Educativo onde se atope matriculada a persoa solicitante para o curso 2026/2027.
Para máis información: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html