Volver a la lista

Axudas para a realización dos cursos para a obtención do CAP así como para a obtención dos permisos de condución das clases C e/ou D

Emprego

19-Mayo-2026 12:30


OBXECTO: Axudas para a realización dos cursos para a obtención do certificado de aptitude profesional acreditativo da cualificación inicial e na modalidade de «ampliación ou promoción», así como para a obtención dos permisos de condución das clases C e/ou D, para a incorporación de condutores/as profesionais ao mercado laboral, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento IF310G).

A orde conta con dúas liñas de axuda:

Liña 1: subvencionar os cursos realizados coa cualificación de apto, para a obtención do certificado de aptitude profesional acreditativo da cualificación inicial e/ou de «ampliación ou promoción», dos condutores residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada.

Liña 2: subvencionar a obtención dos permisos de condución das clases C, C1, C1+E, C+E, D, D1, D1+E.

O período subvencionable para ambas as liñas será do 31 de outubro de 2025 ao 30 de setembro de 2026.

PERSOAS BENEFICIARIAS:

1. Poderán solicitar as axudas as persoas físicas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude:
a) Ter 18 anos.
b) Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia con anterioridade ao inicio do período subvencionable (31 de outubro de 2025) e continuar empadroadas ininterrompidamente ata a data da resolución.


c) Para seren persoas beneficiarias da liña 1, terán que ter realizado e superado o curso para a obtención do certificado de aptitude profesional durante o período subvencionable.

Para a liña 2, ter obtido o/os permisos de conducción das clases C, C+E, C1, C1+E, D, D+E, D1 E D1 + E, durante o período subvencionable.

d) Ter pagado as facturas dentro do período subvencionable.
e) Cumprir os requisitos xerais establecidos no artigo 11 e) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.



2. Para a liña 1, cada persoa beneficiaria só poderá obter unha vez a axuda, agás no suposto de que, tendo obtido o CAP para transporte de mercadorías ou de viaxeiros, pretenda optar á obtención do CAP para a outra actividade, respectivamente, mediante a superación da formación de «ampliación ou promoción», suposto en que tamén poderá obter esta segunda axuda por unha única vez.
Para a liña 2, cada persoa beneficiaria poderá obter a axuda por cada un dos permisos de condución que obteña durante o período subvencionable.


As persoas beneficiarias poderán obter as axudas das liñas 1 e 2 de xeito acumulativo, co límite máximo de 3.900 €

CONTÍA DAS AXUDAS:

Para a liña 1, o importe máximo para percibir por cada alumno será de 1.200 euros para a obtención do certificado de aptitude profesional (CAP), e de 300 € para a obtención do CAP na modalidade de «ampliación ou promoción», para aqueles alumnos que xa teñan o certificado nunha categoría e que lles sirva para obtelo noutra categoría.

Para a liña 2, a contía máxima para os custos de matrícula e clases de condución para a obtención do permiso de condución das clases C, C1, C+E, D, D1, D1+E e/ou D+E será de 1.200 €.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 27 de maio de 2026 e finalizará o 30 de setembro de 2026.

INFORMA: 

Orde do 4 de maio de 2026 da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (DOG nº 90 de data de 18/05/2026)