Volver a la lista

PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS

Información Xeral

27-Mayo-2026 14:24

A Consellería de Política Social e Xuventude según a Orde do 21 de maio de
2026 establece as bases reguladoras para a concesión de estadías en prazas en
establecementos balnearios da Comunidade Autonoma de Galicia, dentro do
Pograma Benestar en Balnearios e se procede a sua convocatoria.(DOG.nº96 do
26/05/2026) BS607A
O PROGRAMA CONSISTE
En quendas que teñen unha duracion de dez dias, con nove noites, en réxime de
pensión completa.
O desenvolvemento destas quendas terá lugar durante o período comprendido
entre o 15 de xuño e o 31 de decembro do ano 2026.
BENEFICIARIOS
O programa está dirixido a persoas maiores de 60 anos residentes en Galicia, así
como a persoas pensionistas maiores de 55 anos. Pódese asistir cun
acompañante.
Ademais, no caso de ter un fillo ou filla cun grao de discapacidade igual ou
superior ao 33 %, este tamén pode participar.
As persoas participantes deben valerse por si mesmas para realizar as actividades
básicas da vida diaria.

LUGAR E PRAZO DE PRESENTACION
As solicitudes presentaranse telemáticamente a través da sede electrónica da
lXunta de Galicia (procedimiento BS607A), tamén poderán presentarse
presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa
reguladora do procedemento. O prazo para presentar as solicitudes será dende o
día 27 de maio ao 26 de xuño.
Para calquera dúbida poden acudir a oficina de Servizos Sociais do
Concello en horario de 9:00 a 14:30 horas.




Adjuntos: