29-Mayo-2026 14:13
O vindeiro sábado, 6 de xuño, ás 11:30 horas, terá lugar o acto de colocación dunha placa en memoria das 29 persoas represaliadas e falecidas como consecuencia da represión exercida polo réxime franquista.
A iniciativa foi promovida polos integrantes da Antiga Comisión para o Memorial de Ferrol e conta coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo e dos concellos de Ourol, Muras e Viveiro, municipios nos que tamén se instalarán sendas placas conmemorativas.
O acto, aberto ao público en xeral, celebrarase nun dos laterais da Casa Consistorial.