05-Junio-2026 10:27
☀️ LUDOTECA DE VERÁN 2026 ☀️
O Concello de Ourol, a través do Departamento de Servizos Sociais, organiza un ano máis a Ludoteca de Verán, dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos.
📅 Meses de xullo e agosto
🕥 Horario: de 10:30 a 14:00 horas
📍 Lugar: Pavillón Polideportivo de Ourol
➡️ Servizo de conciliación:
De 8:30 a 10:30 horas para aquelas familias que xustifiquen a necesidade de facer uso deste recurso.
📝 Prazo de inscrición:
Do 9 ao 19 de xuño de 2026.
ℹ️ Máis información e inscricións:
Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol
📞 982 55 90 19
📱 677 48 94 57
Non perdas esta oportunidade de desfrutar dun verán cheo de xogos, actividades e diversión!