05-Junio-2026 13:48
O Concello de Ourol informa de que xa está aberto o prazo de preinscrición para a Casa Niño Paxariños, situada no antigo Colexio Vicente Casavella de Ourol.
📅 Prazo de presentación de solicitudes:
Do 5 ao 12 de xuño de 2026.
👶 Vacantes dispoñibles:
2 prazas libres ata completar o máximo de 5 persoas usuarias.
✅ Quen pode solicitar praza?
As crianzas nacidas entre os anos 2024 e 2026, empadroadas no Concello de Ourol ou nos concellos limítrofes, e coa cartilla de vacinación actualizada.
📌 Calendario de adxudicación:
➡️ Se a demanda non supera a oferta:
• Comunicación da adxudicación de prazas: 12 de xuño.
➡️ Se a demanda supera a oferta:
• Listas provisionais coa puntuación tras aplicación do baremo: 15 de xuño.
• Prazo de reclamacións: ata o 18 de xuño.
• Publicación das listas definitivas: 22 de xuño.
📋 No caso de existir máis solicitudes que prazas dispoñibles, aplicarase a orde de prioridade e os baremos establecidos pola Xunta de Galicia.
Para máis información, as familias interesadas poden dirixirse á Casa Niño Paxariños.
Casa Niño Paxariños
Thaís Rivera López – Educadora Infantil
675 077 725