Ayer a las 09:00
O Concello de Ourol informa de que desde o 22 de xuño ata o 10 de xullo de 2026 (ambos os días incluídos) permanecerá aberto o prazo para presentar novas solicitudes de participación no Programa de Turismo do Imserso 2026-2027 para aquelas persoas que aínda non estean incluídas no programa.
✅ Recoméndase realizar a solicitude de forma telemática a través da Sede Electrónica do Imserso pola súa rapidez e sinxeleza.
📄 Tamén se poderá descargar o formulario na páxina web ou na Sede Electrónica do Imserso e presentalo nos rexistros habilitados ou remitilo por correo postal ao Programa de Turismo do Imserso.
📬 As persoas xa acreditadas recibirán nos seus domicilios as cartas de renovación e os impresos de modificación de datos.
ℹ️ Se os datos persoais non cambiaron e son correctos, non será necesario realizar ningún trámite. Pola contra, se houbo cambios, deberán comunicarse entre o 22 de xuño e o 10 de xullo de 2026.
Para máis información ou axuda coa tramitación, poden acudir ó Departamento de Servizos Sociais do Concello.