17-Junio-2026 14:11
O auditorio da Casa da Cultura de #lousame acollerá este 𝘃𝗲𝗻𝗿𝗲𝘀 𝟭𝟵 𝗱𝗲 𝘅𝘂ñ𝗼, 𝗮́𝘀 𝟮𝟬:𝟯𝟬 𝗵𝗼𝗿𝗮𝘀, a presentación do libro "Wolfram. El camino negro", un libro colectivo publicado pola Universidad de León que analiza o impacto histórico e a extracción ilegal de #wolframio no noroeste peninsular.
Un libro que dedica unha parte a Lousame, da man de Mayte Sobradelo Creo, investigadora, autora e veciña lousamiá, que estará acompañada por Rosa Arburua Goinetxe, investigadora e coordinadora do libro; Silvia Agrafojo Filgueira, concelleira de Cultura, e Esteban Ares Garcia, alcalde do Concello de Lousame.
Entrada libre e de balde ata completar aforo.