22-Junio-2026 09:09
A Dirección xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, actualiza a partires dos datos de
Meteosalud e Meteogalicia o episodio de VAGA DE CALOR que para maña LUNS 22 DE XUÑO afectará as
seguintes zonas e cos seguintes niveis:
NIVEL VERMELLO: LUGO (CENTRO E MONTAÑA)
NIVEL LARANXA: A CORUÑA (INTERIOR), LUGO (SUR), OURENSE (NOROESTE, MIÑO, MONTAÑA E
VALDEORRAS) E PONTEVEDRA (INTERIOR)
NIVEL AMARELO: A CORUÑA (NOROESTE), LUGO (A MARIÑA) E OURENSE (SUR).
Segundo informa Meteogalicia informa que a masa de aire moi cálido procedente do norte de África, que
chegaba a Galicia durante a xornada de onte, continuará hoxe domingo, mañá lúns e o martes sobre
Galicia. Deixará temperaturas moi elevadas, tanto nos valores mínimos como nos máximos,
especialmente no interior, aínda que os elevados valores de temperatura acadarán tamén puntos do
litoral.
Esta masa de aire ven impulsada pola altas presións localizadas ao norte da península Ibérica e unha
pequena baixa no Atlántico. Esta pequena baixa será a responsable de que se poidan producir tormentas
no interior durante as tardes e polas noites.
A previsión indica que o episodio finalizará o mércores na meirande parte de Galicia, aínda que en puntos
do interior habería que agardar ao xoves para notar a suavización das temperaturas pola entrada de aire
marítimo procedente do Atlántico, máis fresco e húmido.
Polo que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunícalles que, en previsión destes
feitos: ADOPTEN as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións, transmitindo e
informando a cidadanía que participe en eventos, do tipo que sexa, das medidas de
autoprotección que deben adoptar.