Volver a la lista

VENRES DE CONSUMO RESPONDE: 26 DE XUÑO ÁS 12,30 H. ... PRODUTOS DE USO FRECUENTE NO VERÁN

Información Xeral

22-Junio-2026 10:57

Imagen de evento

A Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pon a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE.
Este venres 26 de xuño ás 12.30 horas celebraremos a través da aula virtual de Consumo unha actividade na que veremos e aprenderemos sobre o tema dos "PRODUTOS DE USO FRECUENTE NO VERÁN". Faremos unha pequena exposición sobre os dereitos que temos e responderemos a todas as dúbidas que teñades en materia de consumo.
Toda aquela persoa ou entidade que desexe participar, unicamente ten que acceder este venres ás 12.30 na nosa web.
Para participar:
1º.- Entra na web do IGCC: https://consumo.xunta.gal/gl
2º.- Pincha na foto que ves na páxina principal á dereita que pon AULA VIRTUAL
3º.- Verás que estás na AULA VIRTUAL DE CONSUMO, preme na ligazón que pon VENRES DE CONSUMO RESPONDE". 
4º.- Preme na ligazón que pon "Videoconferencia".
5º.-OLLO! Se non ten Webex instalado, preme en "Únase desde el navegador"
6º.- UNIRSE Á REUNIÓN
 
Escola Galega do Consumo


Rúa Torrente Ballester 1-5 baixo.

15707 Santiago de Compostela

Teléfono: 881 999 093- 881 999 075