Volver a la lista

BANDO: COMPRA BICICLETAS ELÉCTRICAS

Información Xeral

Ayer a las 12:03

Imagen de evento


A Xunta de Galicia establece no ano 2025 o programa EBici, para as anualidades 2025 e 2026 a través da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, dirixido ao fomento do uso de bicicletas eléctricas con pedaleo asistido e de bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas, mediante unha liña de subvencións para a súa adquisición.

  FINANCIAMENTO

 As subvencións que se concedan financiaranse con cargo aos orzamentos da Dirección Xeral de Mobilidade para os exercicios 2025 e 2026, e imputaranse á aplicación orzamentaria  consonte o seguinte réxime de anualidades:

– 2025: 1.000.000 €.

– 2026: 700.000 €.

 CANTIDADE SUBVENCIONABLE

A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 50% do prezo da bicicleta eléctrica con pedaleo asistido para un/unha beneficiario/a xeneral (cun límite de 500 €). No caso de integrantes dunha familia numerosa, chegará ata o 60% (cun límite de 600 €). Por último, o tope para quen forme parte dunha familia numerosa con categoría especial será do 70% (cunha contía máxima de 700 €). Unha persoa beneficiaria só poderá recibir axuda pola adquisición dunha única bicicleta eléctrica con pedaleo asistido.

 PRAZO:

As axudas correspondentes a 2025 poderán solicitarse dende o 16 de maio 2025 e ata o 13 de novembro de 2026 ou ata cando se esgoten os fondos.

 ENTIDADES COLABORADORAS:           https://ebici.xunta.gal

 MAÍS INFORMACIÓN:    DOG do 30 de abril 2025

 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250430/AnuncioG0759-160425-0001_es.pdf