Volver a la lista

BANDO: DESCONTOS NO TRANSPORTE PÚBLICO PARA A MOCIDADE

Información Xeral

Ayer a las 12:12

Imagen de evento

O Ministerio de Transportes e Movilidade e Sostenibilidade a través do Real Decreto Lei 3/2026, do 10 de xuño, de medidas de promoción do uso do transporte público colectivo por parte da xuventude para as viaxes realizadas no período estival de 2026, (BOE nº 141 do 10/06/2026) activa descontos de ata o 90% para facilitar a xuventude de entre 18 a 30 anos a viaxar en transporte público este verán, tanto por España como por Europa.
Obxecto: O obxectivo é promover entre a mocidade o uso dun medio de transporte máis seguro, fiable, cómodo, económico e sostible que o vehículo particular para as viaxes estivais de lecer e fortalecer as relacións persoais e o sentimento europeo.
Persoas beneficiarias e descontos As persoas con nacionalidade española ou con residencia legal en España, nadas entre o 1 de xaneiro de 1996 e 31 de decembro de 2008, poderán beneficiarse das rebaixas dos billetes sinxelos ou de ida e volta de autobús e tren para viaxar entre o 1 de xullo e o 30 de setembro de 2026:
-Desconto do 90% para servizos de autobús regular de competencia estatal.
-Desconto do 90% nos servizos de media distancia convencional e en rede de ancho métrico.
-Desconto de 50% nos títulos sinxelos de Avant.
-Desconto de 50%, cun máximo de 30 € por billete, para servizos comerciais de longa distancia ou alta velocidade de tódolos operadores ferroviarios.
-Desconto do 50% do Global Flexible de Interrail de 10 días en 2 meses, cando se comercialice a través de Renfe. A rebaixa aplícase sobre as tarifas oficiais de Interrail, coas súas características de prezo segundo idade, etc.
Para optar ós descontos, os posibles beneficiarios terán que rexistrarse na web habilitada polo Ministerio co seu DNI ou NIE http://veranojoven.transportes.gob.es
Se se cumpren os requisitos do programa, unha vez rexistrado, as persoas beneficiarias recibirán un código persoal e intransferible que deberán utilizar para adquirir o pase Interrail e os billetes de tren e autobús rebaixados nas webs dos respectivos operadores.