17-Julio-2026 13:47
Que o dia 16 de xullo do 2026 publicouse a seguinte AXUDA da DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE (BOP Nº 133):
“MANTEMENTO DO EMPREGO FEMININO “EMPRENDOU EN FEMININO”, CONVOCATORIA PARA O ANO 2026”, que ten como finalidade Apoiar e consolidar o emprendemento feminino.
BENEFICIARIOS: Aquelas persoas que resultasen beneficiarias da convocatoria do ano 2025, e persoas físicas que teñan iniciada a súa actividade empresarial ou profesional por conta propia a partir do 1 de maio de 2025, nalgún dos municipios da provincia de Ourense, e cumpran os demais requisitos establecidos nesta convocatoria, todas elas pasarán a formar parte da Rede EmprendOU en feminino, promovida pola Deputación Provincial de Ourense como instrumento de impulso ao emprendemento feminino na provincia.
CONTÍA: unha axuda económica cuxa contía se estrutura en dous tramos. O primeiro tramo terá carácter fixo e o importe ascende a 915,75 € por persoa solicitante que cumpra todos os requisitos previstos nestas bases. E o segundo, con carácter complementario e só procederá si hai remanente e repartirase en partes iguais entre todas as solicitudes que resulten beneficiarias.
O prazo vai dende o 23 de xullo ata o 30 de outubro do 2026, se non se esgota o crédito.
Para calquera dúbida poden acudir ás oficinas do Concello en horario de 9:00 a 14:30 horas.