Volver a la lista

AVISO DA DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR DUN EPISODIO DE FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS PARA GALICIA: CHOIVA E TORMENTAS

Información Xeral

23-Julio-2026 12:43

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no Boletín 267/71GAL, emitido as 11:16
horas de hoxe, dun fenómeno meteorolóxico adverso por CHOIVAS E TORMENTAS DE NIVEL
AMARELO, que afectará á CORUÑA (Norte e Interior), LUGO, OURENSE (Noroeste, Montaña e
Valdeorras) e PONTEVEDRA (Interior) e que se iniciará ao mediodía do día 24/07/2026 e ata a
primeira hora do día 25/07/2026. A precipitación acumulada nunha hora poderá superar os 15
litros. Este fenómeno pode vir acompañado de saraiva e de rachas moi fortes de vento.

Un aviso nivel amarelo por tormentas indica que na zona de aviso afectada prevense tormentas
fortes. Dado o carácter destes fenómenos existe a posibilidade de que poidan producirse
tormentas de intensidade superior de forma puntual.

Adjuntos: