30-Julio-2026 13:01
Está aberto un novo prazo para a contratación laboral temporal, mediante concurso de unha praza vacante de un socorrista para a piscina pública municipal de Ourol polo tempo restante que está aberto o Servizo de Piscina Pública Municipal de Ourol para este 2026..
Para poder optar a este posto de traballo hai que estar desempregado/a, non ocupado e dispoñible para o emprego, e inscrito no Servizo Público de Emprego, tanto no momento da selección como no da contratación.
Só serán admitidos e poderán presentarse a este proceso selectivo os candidatos/as que figuren no listado que remita o Servizo Público de Emprego de Galicia de conformidade coa oferta de emprego presentada hoxe por este concello, non sendo admitido/a ningún outro/a candidato/a que non figure no citado listado.
O novo prazo de presentación de instancias estará aberto só o día 31 de xullo de 2026.
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.
As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es