13-Agosto-2026 13:56
A Consellería de Politica Social da Xunta de Galicia por, Orde do 31 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas económicas ás familias con persoas en situación de dependencia ou discapacidade a través do Programa Respiro Familiar para persoas coidadoras e se procede a sua convocatoria para o ano 2026. Codigo de procedemento BS614B(DOG nº 150 do 11/08/2026).
Obxecto
Concesión de axudas económicas destinadas a persoas coidadoras dentro do Programa Respiro Familiar para o exercicio 2026
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas do Programa Respiro Familiar aquelas persoas coidadoras habituais non profesionais que atendan de maneira continuada unha ou máis persoas dependentes ou con discapacidade ou en situación de necesidade de terceiros para actividades da vida diaria mediante informe médico e social.
Requisitos
• A persoa coidadora solicitante e a persoa ou persoas que ela atende sexan residentes na Comunidade Autonoma de Galicia.
• Que a persoa que se atende presente discapacidade física, psíquica ou mental con necesidade de axuda de terceira persoa e ter recoñecido un 75% de munusvalía.
• Ter recoñecido situación de dependencia en grao II ou III, polo órgano competente.
Lugar e prazo de presentación de solicitudes
As persoas interesadas poderán informarse, a través do departamento de Servizos Sociais do Concello ata o 15 de outubro de 2026. A presentación será preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, opcionalmente poderá presentarse presencialmente.