20-Agosto-2026 09:21
O Instituto Galego de Vivenda e Solo publicou no D.O.G. nº 156 do 19 de agosto de 2026 RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a adquisición ou autopromoción de vivendas en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia con poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento VI501B).
Requisitos, entre outros, dos persoas beneficiarias:
- Ter nacionalidade española ou dalgún dos Estados membros da UE; no caso de ser extranxeiras, ter a residencia legal en España.
- Ter menos de 36 anos no momento de solicitar a axuda.
- Que os ingresos anuais da unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a 4,5 veces al IPREM, 5 veces o IPREM ou 5,5 veces, se na unidade de convivencia existen persoas cunha discapacidade recoñecida igual ou superior ó 33% ou 65% respectivamente.
- Que nin a persoa solicitante nin as persoas intergrantes da convivencia sexan propietarias ou usufructuarias dalgunha vivenda en territorio español.
- Ter subscrito dentro do prazo sinalado na convocatoria un contrato privado ou, de ser o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda.
- Que a unidade de convivencia estea empadroada na vivenda adquirida no momento da presentación da solicitude.
- No caso de autopromoción dunha vivenda, que a persoa solicitante sexa propietaria ou usufrutuaria da parcela ou soar en que se atope a vivenda construída, así como que dita vivenda vaia a ser a residencia habitual.
CONTÍA: a contía máxima da axuda par a adquisición será do 20% do prezo da vivenda, ata 15.000 €.
PRAZO: as persoas interesada poderán presentar as solicitudes a partir das 9,00h. do día 27/08/2026 ata as 14,00h. do 16/11/2026