03-Septiembre-2026 13:19
A Consellería de Politica Social e Igualdade da Xunta de Galicia por, ORDE do 18 de
agosto de 2026 pola que se establecen as bases para a concesión das axudas
económicas ás familias para a conciliación, en situacións puntuais e períodos de
vacacións escolares, a través do programa Bono Concilia Familia, e se procede á súa
convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento BS412A)
Obxecto
Concesión de axudas ás familias residentes en Galicia con nenos e nenas entre 4 e 13
anos de idade, para a atención de necesidades de conciliación de carácter puntual ou
durante periodos vacacionais, que teñan lugar entre o 1 de xaneiro e o 8 de setembro
de 2026.
Requisitos
Poderán ser beneficiarias das axudas do Programa Bono Concilia Familia:
-Persoas que residen na Comunidade Autonoma de Galicia
-Ter un fillo /a entre 4 e 13 anos (nacidos entre 01/01/2012 e o 31/12/2021)
-Que existan necesidades de conciliación da vida persoal, familiar e laboral en períodos
de vacacións escolares que se producen cando os centros educativos están pechados
por vacacións, sempre que ambos os pais/nais, persoas titoras, acolledoras, gardadoras
con fins adoptivos, pais/nais con custodia non compartida ou proxenitor de familia
monoparental non poidan facerse cargo da atención da nena ou neno por motivos
laborais. Que os dous proxenitores traballen no periodo solicitado (ou un no caso de ser
familia monoparental)
Lugar e prazo de presentación de solicitudes
As persoas interesadas poderán informarse, a través do departamento de Servizos
Sociais do Concello dende o 9 de setembro ata o 9 de outubro de 2026. A presentación
será obligatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado
dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.