Volver a la lista

BONO CONCILIA PARA AS FAMILIAS

Servicios Sociales

08-Septiembre-2026 10:53

Imagen de evento


A Xunta de Galicia convoca as axudas do Bono Concilia Familia, destinadas a apoiar ás familias nos gastos derivados da conciliación da vida persoal, familiar e laboral, tanto en situacións puntuais como durante os períodos de vacacións escolares.

Dirixidas a familias con nenas e nenos nados entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de decembro de 2022.

As axudas poden cubrir ata o 100 % do gasto en determinados supostos familiares e ata o 75 % no resto dos casos, cos límites establecidos na convocatoria.

Prazo de solicitude:
Desde o 9 de setembro de 2026 ás 9:00 h ata o 9 de outubro de 2026 ás 14:00 h.

As solicitudes deberán presentarse electronicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

 Procedemento BS412A

Máis información sobre requisitos, gastos subvencionables e documentación na convocatoria publicada no DOG.