11-Septiembre-2026 11:02
👨👩👧👦 EDUCANDO EN FAMILIA | NOVA EDICIÓN
O Concello de Ourol pon en marcha un ano máis “Educando en Familia”, un espazo de encontro, acompañamento e aprendizaxe dirixido a familias con nenas e nenos de 0 a 6 anos.
📅 Reunión de presentación:
🗓️ 14 de outubro
⏰ 17:00 horas
📍 Edificio Multiusos do Concello
Trátase dun programa educativo gratuíto, aberto a todas as familias, independentemente do centro ou recurso educativo ao que asistan as crianzas.
O programa inclúe:
🌱 Actividades adaptadas ás diferentes idades e necesidades.
👶 Orientación e acompañamento ás familias.
🔎 Servizo especializado de atención temperá para a detección de posibles sinais de alerta no desenvolvemento infantil.
🏫 Actividades nos centros educativos para favorecer unha adaptación progresiva e positiva á escola.
Para máis información ou no caso de non poder asistir á reunión, podedes contactar con Fany, mestra-orientadora, no teléfono 696 315 098.
💚 Agardámosvos nesta nova edición de “Educando en Familia”!
Concello de Ourol