15-Septiembre-2026 09:48
O Concello de Ourol informa da apertura do Centro de Día “A Mariña”, situado en Xove, un novo recurso de atención diúrna terapéutica para persoas maiores, especialmente aquelas en situación de dependencia.
O centro ofrece atención integral e especializada, con programas de estimulación física e cognitiva, mantemento funcional, intervención social e apoio ás familias e persoas coidadoras. Dispón tamén de transporte adaptado e servizo de manutención.
O horario é de luns a venres, de 9:00 a 19:00 horas, con opcións de xornada completa, media xornada ou estancia por horas.
📍 Urbanización Palmeiro, rúa Palmeiro-Veiga, s/n, Xove
📞 682 26 47 97 / 982 04 31 14
✉️ cd.xove@cogami.gal
Desde o Concello de Ourol animamos ás persoas interesadas e ás súas familias a informarse sobre este novo recurso dispoñible na comarca.