Volver a la lista

CHARLA SOBRE TERAPIAS NON FARMACOLÓXICAS NA ENFERMIDADE DE ALZHEIMER

Servicios Sociales

15-Septiembre-2026 13:04

Imagen de evento


O Concello de Ourol, en colaboración coa Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer e outras Demencias de Viveiro, organiza unha charla divulgativa sobre as terapias non farmacolóxicas no tratamento da enfermidade de Alzheimer.

Durante a sesión abordaranse diferentes estratexias e intervencións que poden contribuír ao benestar, á estimulación cognitiva e á mellora da calidade de vida das persoas con Alzheimer e outras demencias, así como ofrecer orientación e información de interese para as familias e persoas coidadoras.

📅 Data: xoves, 24 de setembro
🕓 Horario: de 16:00 a 17:30 horas
📍 Lugar: Edificio Multiusos do Concello de Ourol
👩‍🏫 Impartida por: Educadora Social da Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer e outras Demencias de Viveiro.

👥 Actividade aberta a toda a poboación.

Unha oportunidade para coñecer, aprender e compartir recursos e ferramentas que poden ser de utilidade no acompañamento das persoas con Alzheimer e outras demencias.

Concello de Ourol | Departamento de Servizos Sociais