Volver a la lista

OBRADOIRO

Info General

16-Septiembre-2026 13:08

Imagen de evento


📢 Obradoiro "O pasado cos ollos do presente" — IV Xornadas Etnográficas da Mariña en Ourol.

Achegamento á tradición oral galega desde unha mirada viva e actual. Partirase de materiais procedentes de recollidas de campo, arquivos, audios e vídeos para coñecer o contexto no que se crearon e se transmitiron estas expresións: a Galicia rural, os espazos de socialización e o papel da música, do baile e do canto na vida cotiá.

A través do baile, da pandeireta e do canto explorarase como interpretar e levar este material á actualidade. Reflexionarase sobre a transmisión, a creación, a escena e o diálogo entre tradición e presente. Porque a tradición non é algo estático: é un material vivo, en constante transformación.
Asistencia  de balde. Non é necesaria inscrición

Datos clave

  • Día: 26 de setembro
  • Horario: 12:00 h
  • Lugar: Edificio Multiusos de Ourol
  • Destinatarios: público en xeral