Volver a la lista

ROMARÍA DE SANTA MINIA 2026

Cultura e Deportes

Hoy a las 15:05

Imagen de evento


Xa está aquí a programación da 𝗥𝗼𝗺𝗮𝗿𝗶́𝗮 𝗱𝗲 𝗦𝗮𝗻𝘁𝗮 𝗠𝗶𝗻𝗶𝗮 𝟮𝟬𝟮𝟲.

Durante tres días, Brión volverá celebrar unha das súas citas máis tradicionais, cun programa que combina os oficios relixiosos cunha ampla oferta cultural e de lecer para todas as idades.

Haberá teatro de monicreques, charangas, música e baile tradicional, concertos, orquestras e propostas gastronómicas. Na noite do 26 de setembro celebrarase tamén o tradicional espectáculo de luz, son e fogos de artificio.

Dende o Concello de Brión convidamos á veciñanza e a todas as persoas que nos visiten a participar e gozar destes días de festa.

𝗕𝗼𝗮𝘀 𝗳𝗲𝘀𝘁𝗮𝘀!

PROGRAMA ROMARÍA DE SANTA MINIA 2026: https://i.gal/EOvCR