Volver a la lista

OBRADOIRO "CANTARES DE VIDA"

Info General

Hoy a las 13:16

Imagen de evento


Obradoiro: "Cantares de vida", impartido por Ugía Pedreira. IV XORNADAS ETNOGRÁFICAS DA MARIÑA EN OUROL

Descrición:

Un percorrido polo ciclo do ano do cantar popular galego, polos xéneros e polas súas funcións sociais. Veranse as cancións como dispositivos vivos de comunicación e cohesión grupal. Abordarase o canto desde a xestión emocional: cando, para que e por que se cantou e se segue cantando en Galicia.

Tratarase a socioloxía musical: o canto como rede de apoio, de resistencia, cultura, identidade e tecido social. Tamén se fará unha antropoloxía viva, mapeando relacións, funcións e usos das cancións galegas, con especial atención á Mariña de Lugo.

Haberá unha parte práctica e colectiva: cantaremos e reelaboraremos pezas tradicionais utilizando a maxia da improvisación e a memoria para actualizalas con valores contemporáneos.

ℹ️ Datos clave:

  • Día: 26 de setembro
  • Hora: 16:00 h
  • Lugar: Edificio multiusos de Ourol
  • Destinatarios: todas as persoas interesadas
  • Acceso: aberto ao público en xeral e de balde
  • Responsable/ponente: Ugía Pedreira