Colectivo Xurelo - Mario pensaba que o galego non servía para nada
CULTURA E LECER
07-Octubre-2026 11:10
Propoñemos unha actividade para poñer en valor nosa lingua, na que imos mesturar a narración, a ilustración e a música. Así, o narrador conta a historia, mentres a ilustradora realiza un mural e o músico tradicional interpreta diversas pezas con diferentes instrumentos en directo. A actividade remata realizando un obradoiro de debuxo (todos xuntos ) seguindo as indicacións da ilustradora
Venres 9 de outubro
Ás 18:00 h.
Casa da Cultura
Público infantil
Narrador: Quique Mauricio
Ilustradora : Tania Solla
Esperámosvos!!