08-Octubre-2026 09:31
📸 EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA “EXPRESSARTE – 15 VISIÓNS”
O Concello de Ourol acolle a exposición “ExpressArte – 15 visións”, unha mostra que nos achega, a través da fotografía e da arte, a diferentes realidades e experiencias vividas por mulleres vítimas de violencia de xénero.
🎨 A exposición reúne o traballo artístico de 15 mulleres, que reinterpretan obras de arte recoñecidas desde unha perspectiva de xénero, ofrecendo novas miradas e convidando á reflexión sobre a igualdade, a liberdade e o respecto.
📅 Do 22 de outubro ao 4 de novembro
📍 Edificio Multiusos de Ourol
Unha proposta que combina arte, compromiso social e igualdade, contribuíndo á sensibilización e á prevención da violencia de xénero desde o ámbito local.
👉 Animámosvos a visitar a mostra e descubrir estas 15 visións a través da arte e da fotografía.
ℹ️ Actividade organizada no marco do Acordo de Colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a FEGAMP para a conformación dunha Rede de entidades locais contra a violencia de xénero.