08-Octubre-2026 12:33
Con motivo das ELECCIÓNS A CORTES XERAIS do 29 de NOVEMBRO de 2026, o Concello mantén o servizo de consulta das listas electorais do día 12 ata o 19 de OUTUBRO de 2026, ambos incluídos.
Expóñense ao público nas oficinas municipais para a súa consulta polos interesados, aos efectos de presentación de reclamacións.
En virtude do establecido no art. 41 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral, está prohibida a información particularizada dos datos persoais contados no censo electoral, non estando permitida a recompilación dos datos existentes nas mesmas por calquera medio sexa manual, fotográfico, informático, ou de calquera outra natureza, baixo as responsabilidades legalmente procedentes.
Para levar a cabo a correcta consulta o interesado débese identificar mediante o seu D.N.I., pasaporte, ou permiso de conducir no que apareza a fotografía do titular.
O que se pon en coñecemento de todos os veciños en xeral.