15-Octubre-2026 09:41
Están expostas as bases para contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición de un posto de Peon Forestal a xornada completa a través da subvención para a contratación persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no Concello de Ourol.
A duración do contrato é de 9 meses.
Requisitos para poder optar a este posto de traballo:
- Estar desempregado/a, non ocupado e dispoñible para o emprego, e inscrito no Servizo Público de Emprego, tanto no momento da selección como no da contratación.
- Ter feitos os 18 anos e non superar os 29, idade máxima para a inscrición no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX)
- Estar inscritas como beneficiarias no fichero do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Só serán admitidas e poderán presentarse a este proceso selectivo as persoas mozas candidatas inscritas no SNGX que figuren no listado que remita o Servizo Público de Emprego de Galicia de conformidade coa oferta de emprego presentada hoxe por este concello, non sendo admitido/a ningún outro/a candidato/a que non figure no citado listado.
O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 16 ao 20 de outubro de 2026 (ambos inclusive)
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.
As bases están expostas no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Ourol e poden consultarse no seguinte enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es