A Xunta de Galicia está poñendo en marcha unha serie de actuacións para realizar os cambios necesarios para cumprir coa Fase 1 do proceso de evolución tecnolóxica da TDT nos centros de extensión de cobertura do sinal de TDT.
As ditas actuacións realizaranse o próximo mércores 21 de outubro no centro de extensión de cobertura do sinal de TDT de Fabás.
Lembrámoslle que a actuación consiste en:
- Apagamento neste centro da frecuencia de emisión do múltiple RGE2 (La 1 UHD, Clan, DKiss), que se emite actualmente na canle 41, para evitar interferencias
Unha vez rematada a actuación, cando se inicie a Fase 1 con data prevista para o próximo 5 de novembro, o centro de Fabás pasará a emitir as seguintes canles: - Canle 26 (MPE1): Squirrel, Squirrel 2, Dmax, Veo7
- Canle 28 (MPE3): T5, Cuatro, FDF, Divinity, BeMad
- Canle 29 (MUX AUTONÓMICO): TVG, G2, TVG UHD.
- Canle 32 (MPE2): A3, La Sexta, Neox, Nova, A3series
- Canle 36 (MPE5): DKiss, Ten, Real Madrid TV, nova canle.
- Canle 44 (MPE4): Boing, Energy, Mega, TreceTV
- Canle 47 (RGE1): TVE1, TVE2, 24h, Clan, TDP (Teledeporte).
Os veciños que reciban deste centro deberán realizar unha busca das novas canles no receptor de TDT. De cara a facilitar a información aos veciños afectados, anexamos as entidades de poboación do seu concello que, segundo os nosos cálculos de cobertura, teñen a este centro de extensión de cobertura de TDT de Fabás como mellor servidor e que se beneficiarán deste cambio: No caso de dúbida, os veciños poderán confirmar tanto o centro emisor como a calidade da cobertura da TDT por vía telefónica 881 866 388 ou na web www.tdtgalicia.gal.