CASA DA CULTURA "SANTEIROS DE CHAVE" DE LOUSAME
DOMINGO 25 DE OUTUBRO
18.00 HORAS
Supercoroza
SUPERCOROZA, protagonista de Na Eira e na Lareira, é salvagarda do noso: da nosa xente, da nosa lingua, música, contos e tradicións. O seu superpoder á a recuperación da tradición e procura a transmisión cultural a través da música, baile, contos… dun xeito ameno, divertido e participativo.
Os contos e as cancións en Galicia servían para transmitir o calendario agrícola e os mitos dunha xeración a outra e o galego foi o seu vehículo de transmisión. A importancia da lingua nesta transmisión resulta fundamental dado que hoxe sabemos que as distintas linguas permiten costruír mentes distintas, polo tanto, a idiosincrasia das persoas que viven en Galicia e a súa tradición oral non sería o mesmo se non fora en galego, por iso tamén a necesidade de falalo e protexelo.
Neste espectáculo cantarase e contarase como se facía de antigo, para para que estas historias e cancións poidan seguir transmitíndose de xeración en xeración, ofrecendo unha xanela única ao noso pasado colectivo.
Idades
Dende os 5 anos
Duración
40-45 min.
Estrea
17/05/2023 - Raigame (Vilanova dos Infantes)
Elenco artístico
Topo Vidal
Música e baile
Lois Prado
Idioma
Galego
Produción e distribución
A Xanela do Maxín
Idea orixinal
Celtia Figueiras
Autoría e dirección
Xosé Breijo "Topo"
Vestiario e escenográfia
Xosé Breijo
Lois Prado
https://axaneladomaxin.com/espectaculos/supercoroza-na-eira-e-na-lareira/
PODES ACUDIR CONSEGUINDO A ENTRADA DE CONVITE DOS SEGUINTES XEITOS:
1-RETIRAR A ENTRADA EN BANDOTICKET.COM (O MÁIS SEGURO E AXIL)
2-CHAMAR POR TELÉFONO AO DEPARTAMENTO DE CULTURA (981 82 57 80)
3-O MESMO DÍA DA ACTUACIÓN NA CASA DA CULTURA, 30 MINUTOS ANTES DA ACTUACIÓN (RESERVAMOS UN 10% DAS ENTRADAS A TAL EFECTO)