Volver a la lista

MINUTO DE SILENCIO EN SINAL DE LOITO E SOLIDARIEDADE

Información Xeral

28-Octubre-2026 14:12


O Concello comunica á veciñanza que mañá, día 29 de outubro, ás 12:00 horas, terá lugar un minuto de silencio diante da Casa do Concello, en sinal de dolor e solidariedade polas vítimas do accidente ferroviario ocorrido hoxe na provincia de Toledo.

Con este acto queremos expresar o noso pesar polo sucedido e trasladar o noso apoio e afecto ás persoas falecidas, ás súas familias e amizades, así como ás persoas feridas e a todas as persoas afectadas por este tráxico suceso.

Convídase a toda a veciñanza a participar neste acto de respecto e solidariedade.

Adjuntos: