13-Noviembre-2026 13:54
Infórmase á veciñanza de que está aberto o prazo para participar no Programa de Termalismo, unha iniciativa destinada a favorecer o benestar, a saúde e a mellora da calidade de vida das persoas maiores mediante a realización de estancias en establecementos termais.
As persoas interesadas en participar poderán solicitar máis información e formalizar a súa inscrición nas oficinas do Concello( DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS) , dentro do prazo establecido.
Para obter información sobre os requisitos de participación, documentación necesaria e demais condicións do programa, as persoas interesadas deberán dirixirse ás dependencias de servizos sociais do Concello.
O Concello anima a todas as persoas que poidan estar interesadas a participar nesta iniciativa, que ofrece unha oportunidade para coidar a saúde, gozar do lecer e compartir experiencias.